Un irregular terceiro cuarto penaliza aos laranxas na pista de Fuenlabrada

O Leyma Coruña sufriu esta tarde unha derrota pola mínima no Pavillón Fernando Martín (75-74), tras unha primeira parte de bos minutos marcados polo xogo rápido do equipo laranxa. Tras vestiarios os de Carles Marco baixaron en intensidade defensiva e no control do balón, pero non cejaron no intento da remontada e estiveron a piques de levarse o partido tras un palmeo de Guillem Jou que finalmente non subiu ao marcador. O MVP do equipo foi Caio Pacheco, con 18 puntos, 3 rebotes, 1 asistencia e 18 de valoración.

#ACoruñaquereBasquet

👉 Audio da Rolda de Prensa post partido de Carles Marco