O Leyma Coruña continúa confeccionando o seu plantel para a súa segunda tempada en Liga Endesa coa incorporación de Tomas Dimsa (Kaunas, Lituania, 1994). É un escolta de 1,96 metros, internacional coa súa selección, que conta con ampla experiencia no baloncesto europeo, xogando ligas regulares, Euroliga, BCL e EuroCup, e que ademais coñece a liga Endesa tras o seu paso por Gran Canaria e Zaragoza.
Formado nas categorías inferiores do Zalgiris Kaunas, Tomas cambiou de destino en 2015-2016, fichando polo Fraport Skyliners de Frankfurt. Tras unha campaña, regresou ao seu país para enrolarse no Vytautas Prienu. Despois desa experiencia recalou en Italia, concretamente no Juventus-LKSK Utenos. Na seguinte tempada volveu a Lituania, co Panevezys Lietkabelis regresando a Zalgiris o curso posterior, pero a súa baixa participación fíxolle saír á liga Endesa co Gran Canaria. Tras o seu paso pola illa, volveu a Italia, concretamente a Treviso Basket, xusto antes de volver de novo a casa. En Zalgiris estivo entre 2022 e 2024, disputando liga regular e Euroliga. En febreiro de 2025 asinou con Zaragoza en liga Endesa. Esta última campaña xogou no PAOK Thessaloniki grego, onde promediou 11.5 puntos, 3.6 rebotes e 2.2 asistencias en liga regular e 10.5 puntos, 3.3 rebotes e 3.0 asistencias en EuroCup.
Tomas é un escolta con moita calidade que destaca especialmente polo seu tiro de tres puntos, pero que tamén conta cun gran número de recursos a nivel ofensivo: un por un, tiro estático, tiro tras bote, tras bloqueo directo e indirecto e un gran finalizador con capacidade de pase, todo o que lle fai ser unha gran ameaza para os seus rivais. Trátase dun escolta alto que conta cun bo físico e que ten capacidade para defender opoñentes máis pequenos.
Bienvenido ao club e á Coruña, Tomas!