O Coliseum viviu esta noite un partido trepidante con final feliz para o Leyma Coruña, que tivo que loitar duro para vencer ao Hestia Menorca no segundo duelo dos cuartos de playoff. Nesta ocasión os de Carles Marco sufriron un pouco máis para superar as defensas alternativas que despregou o rival, que en boa parte do duelo tivo lixeira vantaxe no marcador, ata un último cuarto no que os laranxas conseguiron mellorar o seu acerto desde a liña de tres e levarse o choque (81-76) ante unha afección que apertou desde a bancada nos 40 minutos. O MVP do equipo foi Dídac Cuevas, con 9 puntos, 7 asistencias e 13 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet