Ritmo e acerto para regresar con triunfo desde Palma de Mallorca

O Leyma Coruña logra o pleno de victorias nun apretado calendario de tres partidos en pouco máis dunha semana. A desta tarde, fronte ao Palmer Basket Mallorca na pista de Son Moix. Os de Carles Marco fixeron unha primeira parte redonda na defensa e no ataque, cunha folgada renta que os locais recurtaron levemente no terceiro cuarto, pero que non foi a máis. Partido de alto ritmo e acerto, que finalizou cun saldo de 65-85 e un Paul Jorgensen que se levou o MVP do encontro, con 14 puntos, 3 rebotes e 17 de valoración.

#ACoruñaquereBasquet

👉 Audio da Rolda de Prensa post partido de Carles Marco​