Domingo inesquecible o vivido onte pola Familia Laranxa, que atronou no Coliseum e axudou aos de Carles Marco a forzar a prórroga e finalizar o choque cun 97-100 na Final do ‘Todo ou Nada’ da Final Four 2026, ante un Movistar Estudantes que xogaba como local e chegou a poñerse 15 puntos arriba a 6 minutos de finalizar o cuarto período. O Leyma Coruña volveu demostrar o que fixo tan grande a este equipo nunha tempada de ilusión e con final feliz: crer, resistir e deixar ata o último alento para facer historia, a base de equipo, equipo, equipo!
Onte, unha vez máis, quedou claro que #ACoruñaquereBasquet e merece ACB!