Primeiro encontro do equipo coa afección para quentar a nova tempada

Os xogadores do Leyma Coruña celebraron o seu primeiro encontro coa afección en Marineda City, nun acto que contou coa participación do exxogador Fernando Romay e no que tampouco quixo faltar a nosa mascota Leymita.

Grazas a todos os membros da Familia Laranxa que acompañaron ao equipo nesta posta de longo, na que recibiron toda a calor da afección para iniciar con forza e ilusión a nova tempada 2025-2026.

#ACoruñaquereBasquet