Portas abertas tempada 26-27

Dende o Club Básquet Coruña, no marco de promoción do baloncesto base, comprácenos anunciar a organización das “XORNADAS DE PORTAS ABERTAS” destinadas a todos aqueles xogadores/as, nacidos entre os anos 2009 e 2018 (ambos incluídos), que desexen disputar a tempada 2026-2027 nos diferentes equipos da canteira laranxa.

Estas xornadas desenvolveranse os días 16-17-18 de xuño do 2026 (cada categoría adestrará dous destes tres días).

A actividade destínase tanto para categorías femininas como masculinas:

  • Categoría JÚNIOR (anos 2009-2010)
  • Categoría CADETE (anos 2011-2012)
  • Categoría INFANTIL (anos 2013-2014)
  • Categoría MINIS (anos 2015-2016)
  • Categoría PREMINI (anos 2017-2018)

Para poder desfrutar destas xornadas totalmente gratuítas, as familias deberán clickar aquí e encher o formulario.

Data límite de inscrición: martes 16 de xuño ás 12h00.

Unha vez cuberto o formulario, o Club Básquet Coruña poñerase en contacto con cada familia para facilitar os horarios e instalacións de adestramento.

OBSERVACIÓNS:

  • O Club Básquet Coruña NON proporcionará seguro deportivo para os participantes.
  • O feito de participar na Xornada de Puertas Abertas non asegura que o xogador/a dispoña de praza nas categorías base do Club Básquet Coruña para a tempada 26/27.
  • Nos días seguintes a estas Xornadas, o Club poñerase en contacto con aqueles/as xogadores/as que fosen seleccionados para participar nas nosas categorías base.