O Club Básquet Coruña dá a benvida ao Grupo Osmos como novo patrocinador do programa “16 partidos, 16 causas”, co que o Club contribúe a dar visibilidade a causas sociais, na súa maioría impulsadas por entidades da cidade e contorna que co seu traballo favorecen un mundo mellor.
Deste xeito, o Grupo Osmos e o Club unen forzas en prol de valores que son piares da sociedade, como a igualdade, a inclusión, a solidariedade e o respecto mutuo.
O programa “16 partidos, 16 causas” desenvolverase ao longo das dezaseis xornadas que o Leyma Coruña xogue en casa durante a presente tempada en Primeira FEB. A causa do primeiro partido de liga no Coliseum, este venres 3 de outubro ás 20:45, será o proxecto ENKI, que fomenta o deporte inclusivo para axudar que as persoas con diversidade sentan parte da sociedade. ENKI celebrará a súa tradicional Carreira na Coruña este próximo 18 de outubro.
Grupo Osmos, empresa galega de enxeñería, é líder en servizos eléctricos globais, abarcando todos os proxectos de principio a fin: desde a concepción, a montaxe e a instalación, ata o mantemento das devanditas instalacións.
+Info 👉 https://www.osmos.es/