Os laranxas sentencian cun 1-3 e clasifícanse para a Final 4

Non haberá quinto partido na eliminatoria do Leyma Coruña vs Hestia Menorca. Os de Carles Marco saltaron á pista dispostos a pechar a serie no segundo choque en Bintaufa, e así foi, grazas a unha primeira parte de gran xogo en defensa e ataque en transición, co selo que marcou toda a tempada ao equipo herculino. Unha heroica segunda parte do Hestia Menorca achegou aos locais no marcador, que chegaran a estar 28 puntos abaixo, para finalizar o duelo cun 76-87 e regresar á Coruña co dobre premio de pasar á Final Four e loitar polo ascenso á liga Endesa no Coliseum como sede. O MVP do partido foi Guillem Jou con 16 puntos, 5 rebotes e 21 de valoración.

#ACoruñaquereBasquet

👉 Audio da Rolda de Prensa post partido de Carles Marco