Victoria sufrida do Leyma Coruña (81-76) que tivo que bregar duro ante o Caixa Rural CB Zamora, que puxo en aprietos aos de Carles Marco nun partido igualado e no que os visitantes lograron atascar o habitual ritmo de xogo do equipo herculino. Unha vez máis, a superioridade no rebote ofensivo foi clave para dobregar ao rival, a pesar dunha noite de escaso acerto desde o perímetro. O MVP do equipo foi Dino Radoncic, con 14 puntos, 9 rebotes e 19 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet