Os laranxas gañan o derbi en terras ourensás tras unha primeira parte igualada

O partido celebrado no Paco Paz entre Cloud.gal Ourense Baloncesto e Leyma Coruña terminou en favor do conxunto herculino (59-74), que mellorou sensiblemente o seu xogo na segunda parte do choque. Ambas as escuadras entraron fríos ao partido, con moitas perdas e fallidos no ataque, e leves vantaxes dos visitantes a medida que os minutos avanzaban. Á volta de vestiario os de Carles Marco deron un paso adiante en concentración e control do balón, mellorando de fronte ao aro e regresando a casa cunha nova vitoria, especialmente celebrada pola Familia Laranxa desprazada a Ourense a pesar de ser xornada intersemanal. O MVP do encontro foi Dino Radončić con 12 puntos, 5 rebotes e 22 de valoración.

#ACoruñaquereBasquet

👉 Audio da Rolda de Prensa post partido de Carles Marco​