Os laranxas ceden nun duro duelo nun vibrante Coliseum

O Leyma Coruña sufriu a súa primeira derrota (84-92) da tempada en casa ante un Monbus Obradoiro que foi superior especialmente na segunda parte do choque e que tivo que empregarse a fondo para ir desgastando ao rival nun partido trepidante e moi físico nun Coliseum tinguido de laranxa e a rebordar. A intensidade de xogo e os mellores números dos de Carles Marco no rebote ofensivo non foron suficientes e o equipo compostelán dobrou o brazo do escuadro local a base dunha férrea defensa. O MVP do partido foi Joe Cremo con 21 puntos, 1 asistencia 1 rebote e 20 de valoración.

#ACoruñaquereBasquet