Os de Carles Marco estréanse no Coliseum con vitoria fronte ao Surne Bilbao

O primeiro partido en casa no regreso á ACB finalizou con vitoria para o Leyma Coruña, nun encontro de gran igualdade, no que o rebote ofensivo foi clave. Os laranxas lideraron o marcador ata o terceiro cuarto no que os visitantes se puxeron lixeiramente por diante, pero non por moito tempo. Cando a vitoria laranxa parecía xa asegurada, o Surne Bilbao forzou a prórroga cun triplo no último suspiro do cuarto período. Foron necesarios cinco minutos máis para seguir crendo e lograr o 104-101 no luminoso, con Alonso Verge como MVP do equipo, con 29 puntos, 6 asistencias e 4 rebotes, e 20 de valoración.