A substitución de Jorge Carreira como delegado do equipo en substitución de Fran Fernández é o único cambio no corpo técnico do conxunto coruñés
O Leyma Básquet Coruña iniciará a tempada 25/26 en Primeira FEB coa maior parte dos seus habituais no staff técnico. O adestrador catalán Carles Marco, recentemente chegado ao equipo coruñés, contará con Román Gómez e Carlos Penedo como adestradores axudantes. Unha tempada máis, Román e Carlos serán os escudeiros do adestrador principal, mentres que Gustavo Gago seguirá ao mando da preparación física. Na parcela de recuperación, Bruno Camblor e Eduardo Seoane proseguirán o seu labor como fisioterapeutas mentres que Carlos Lariño sumará un curso máis como médico da escuadra laranxa.
Francisco Fernández, tras dúas tempadas como delegado do equipo, deixará o seu posto no staff por motivos laborais. A entidade laranxa quere agradecer o excelente traballo e dedicación de Fran, quen seguirá vinculado ao club noutras tarefas.
O novo delegado do equipo é Jorge Carreira. Adestrador superior de baloncesto, “Carre” dirixiu a equipos como CB Maristas e CB Isla Bonita, equipo da canaria illa A Palma, onde adestrou o últimos catro anos. Bienvenido ao club e ao equipo, Carre!