O Leyma Coruña impón a súa esencia para vencer aos donostiarras con rotundidade

Semana de dobre vitoria en casa, esta vez fronte a un Inveready Gipuzkoa Basket dirixido polo ex técnico laranxa Sergio García que recibiu unha calorosa acollida da afección, como o foi a homenaxe ao noso ex capitán Alex Hérnández con motivo da súa recente retirada como xogador profesional, celebrado na pista antes do inicio do choque.

Os de Carles Marco saltaron ao parqué concentrados e intensos a ambos os dous lados, e foron capaces de manter o seu plan de xogo case á perfección para dominar durante os tres primeiros cuartos. A pesar do marcador adverso ao longo do encontro, os donostiarras loitaron ata o final e nos últimos minutos recortaron distancias -chegaron a ser de 21 puntos- para finalizar cun 92-81 no luminoso. O MVP do equipo foi Mus Barro, con 19 puntos, 9 rebotes e 23 de valoración.

#ACoruñaquereBasquet