A escuadra laranxa impúxose esta noite cun 93-71 ante o seu rival en cuartos de final, o Hestia Menorca, tras un choque de alta esixencia física e no que ambos os equipos fixeron gala da súa solidez defensiva. A primeira parte foi algo máis igualada no marcador pero á volta de vestiarios os de Carles Marco subiron un banzo en defensa para gañar en verticalidade e facer moito dano na pintura a un rival que tan só cedeu en enerxía na recta final. O MVP do partido foi Ilimane Diop, con 22 puntos, 3 rebotes e 24 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet