Os laranxas caeron ante o Hestia Menorca na pista de Bintaufa (85-82) nun partido que controlaron na primeira parte e na que puideron despregar o seu xogo rápido, a diferenza dunha segunda metade no que os locais foron crecendo, especialmente a través da defensa. A arrancada final do Leyma Coruña que logrou levar o encontro á prórroga non foi suficiente e os menorquines leváronse a contenda poñendo a serie nun 2-1 para forzar o cuarto partido que terá lugar na illa este domingo ás 19.00. O MVP do equipo foi Joe Cremo con 19 puntos, 3 rebotes, 3 asistencias e 15 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet