O partido da noite de Samaín acabou en trato para o Leyma Coruña, que ofreceu á Familia Laranxa un meritorio triunfo contra La Laguna Tenerife. Tras un primeiro cuarto igualado, o equipo visitante foi impoñéndose no marcador pero sen lograr romper o partido, grazas a unha mellor defensa e rebote dos locais. A insistencia e enerxía dos de Carles Marco permitiulles poñerse por diante na recta final do duelo para finalizar cun celebrado 93-89 no Coliseum. O MVP do partido foi Alonzo Verge, con 26 puntos, 12 asistencias e 34 de valoración.