O Club Básquet Coruña regresa oficialmente á ACB

A Asemblea Xeral da ACB celebrada hoxe aprobou a incorporación do Club Básquet Coruña, que deste xeito volverá competir na máxima categoría do baloncesto español na tempada 2026-2027.
A aprobación por parte da Asemblea culmina un proceso no que o club acreditou o cumprimento de todos os requisitos deportivos, económicos, administrativos e organizativos establecidos para formar parte da competición.

Tras competer por primeira vez na liga Endesa durante a tempada 2024-2025, o Club afronta con ilusión e responsabilidade o seu regreso á elite do baloncesto nacional, coas miras postas na progresiva consolidación do proxecto laranxa en todos os ámbitos, dentro e fóra da pista.

O Club quere expresar o seu agradecemento á ACB e a todas as instancias que contribuíron a este regreso á elite, tanto por parte dos xogadores, corpo técnico, directiva, empregados, patrocinadores, institucións e accionistas como, de xeito moi especial, por unha afección á que nos debemos e que é a que dá sentido a todo.

Nas próximas semanas o Club continuará traballando na planificación deportiva e institucional da tempada, co reto de representar á Coruña e á Familia Laranxa como merecen, na máxima competición do baloncesto español.