O Campus Millenium Cabreiroá, 31 edicións de baloncesto e moito máis!

O Club Básquet Coruña iniciou o verán coa celebración do seu emblemático Campus Millenium Cabreiroá, que por segundo ano consecutivo gozou das instalacións do Colegio Obradoiro International School como sede operativa. Así, os preto de 200 participantes puideron desenvolver actividades como waterpolo, judo, boxeo, rugby, laser tag, taller de cociña… e moito, moito baloncesto!

Tampouco faltaron as saídas ao Aquapark de Cerceda, Urban Planet, Estadio de Riazor… así como a outros espazos nos que conducir karts, navegar en kaiaks, practicar esgrima ou aprender a facer pan e desfrutar dos animais na Granxa Escola O Ventoso.

O próximo verán, vémonos nun novo e trepidante Campus Millenium Cabreiroá!