O Leyma Coruña segue sumando vitorias, esta vez a domicilio fronte a un HLA Alicante que comezou dominando o encontro por lixeiras diferenzas. Os laranxas foron de menos a máis en todas as facetas do xogo, especialmente no segundo e último cuarto, logrando unha valiosa vitoria coral que finalizou cun 89-96 no marcador. O MVP do equipo laranxa foi Joe Cremo, con 22 puntos, 4 asistencias e 28 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet