Lukas Uleckas – Xogador Estrella Galicia de Octubre

Lukas Uleckas recibiu esta mañá o primeiro galardón “Xogador Estrella Galicia” da tempada 2026-207, en recoñecemento ao seu xogo despregado nos encontros do mes de outubro.

O premio ao xogador lituano é resultado da votación dos afeccionados coruñeses a través das redes sociais do club, onde superou en votos aos seus compañeiros Alonzo Verge e George Conditt IV.

No acto celebrado no Coliseum da Coruña, Lukas mostrou a súa satisfacción ao “saber que á afección lle gusta o meu esforzo reboteando, sento que iso me motiva para esforzarme máis aínda e gañar en consistencia”, indicou. De cara ao partido fronte ao MoraBanc Andorra que o Leyma Coruña disputará este domingo no Coliseum ante a afección laranxa, o aleiro sinalou que “debemos ir aínda máis forte e con máis enerxía, abordando cada encontro coma se fose o último, como unha final para tratar de gañar”.