Información importante para abonados – Actualización 27/05

Para este venres, data na que a FEB habilitará máis asentos para os nosos/as abonados/as, queremos facilitar toda a información crave sobre o proceso de compra de entradas da Final Four 2026 e reforzar a recepción das nosas comunicacións tras as incidencias detectadas nos últimos días.

A continuación detallamos os próximos pasos e as vías de axuda dispoñibles.

• Durante os últimos días recibimos consultas por problemas de recepción de comunicacións. Hoxe enviamos correos personalizados ás persoas que se puxeron en contacto co Club, con indicacións concretas para cada caso (reactivación de notificacións, verificación de dirección, revisión de cartafoles, etc.).

• Hoxe, ás 20.00, enviaremos un correo de proba desde a plataforma de ticketing do Club a todas as contas de correo asociadas aos abonos, para comprobar a correcta recepción. O asunto da mensaxe será “[TEST] Comunicación Abonados – Club Básquet Coruña”. Se seguiches as nosas indicacións e aínda así non recibes este correo de proba, por favor escríbenos a abonados@basquetcoruna.com indicando nome completo (recomendación: revisa tamén a cartafol spam / correo non desexado).

• Mañá (xoves) volveremos enviar a ligazón de acceso á plataforma de ticketing da FEB para a compra de entradas da Final Four (venda a abonados), que se habilitará o venres segundo confirmación oficial da FEB.

As seguintes datas confirmadas pola FEB son:

• Venres 29 ás 14.00, habilitará máis asentos para abonados.
• Mércores 3 ás 12.00, abrirá a venda xeral, coa capacidade que quede dispoñible ata ese momento.

Para evitar incidencias de última hora, recomendamos que, se aínda non o fixeches, crees xa o teu usuario na plataforma de ticketing da FEB e comprobes o acceso con antelación.

Se non che chegan as nosas comunicacións ou necesitas axuda, podes contactarnos por estas vías:

• Email: abonados@basquetcoruna.com (indica o teu nome completo)
• Teléfono: 981 264 022 (9.30 a 14.00 – 16.00 a 19.00)

Grazas pola vosa paciencia e por axudarnos a mellorar o sistema para que a información chegue correctamente a todos os abonados.