O Club Básquet Coruña en colaboración con Marineda City anuncia unha nova edición deste torneo, en modalidade 3×3. Se levará a cabo o vindeiro sábado 19 de setembro, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00, na Praza Exterior CC Marineda City.
Este III Torneo 3×3 Marineda City – Básquet Coruña estará destinado a tres categorías:
- Mini Feminino: Xogadoras nadas nos anos 2015 e 2016
- Mini Masculino: Xogadores nados nos anos 2015 e 2016
- Premini mixto: Xogadores/as nados/as nos anos 2017 e 2018
Todos os equipos deberán estar compostos por un máximo de 4 xogadores/as e un mínimo de 3, todos eles das idades da categoría na que competirá o equipo.
A cota de inscrición para a participación no torneo será de gratuíta.
As prazas serán limitadas e adxudicadas por orde de inscrición ata completar cada categoría.
Ven a desfrutar do baloncesto con Marineda City e o Club Básquet Coruña!
Inscrición minis masculino aquí