Guillem Jou leva o quinto galardón “Xogador Estrela Galicia” da tempada. O noso capitán recibe por primeira vez este recoñecemento, que recolleu esta mañá no Coliseum da Coruña.
O beirado catalán obtén así este premio ao ser o máis votado polos afeccionados coruñeses a través das redes sociais do club. Guillem superou na votación a Dídac Cuevas e Dino Radončić.
Guillem asegurou que “o importante é o equipo, xa que un xogador só non fai nada, xogamos cinco na pista e adestramos doce. Ilusión por recibir este premio, pero toca seguir”.
Tamén indicou que “cada mes tócalle a un xogador diferente e iso di moito e define moi ben a nosa filosofía como equipo”.