O primeiro partido do Novo Ano saldouse cun contundente triunfo do Leyma Coruña, que saíu á pista concentrado e co seu habitual ritmo rápido, para poder ofrecer un agasallo adiantado de Reis Magos aos 5.720 afeccionados que acompañaron aos seus no Coliseum. O equipo visitante deu a cara na primeira parte do encontro, a pesar de ir a remolque os 40 minutos do choque, mentres que tras o descanso e moi especialmente no último cuarto, o dominio laranxa fíxose máis intenso, pechando o partido con 102-67 no luminoso. Primeira vitoria do Ano 2026 e primeira Choiva de Peluches no Coliseum, para retomar unha tradición moi querida pola Familia Laranxa e ata hoxe só vivida no Palacio dos Deportes. O MVP do encontro foi Dídac Cuevas, con 8 puntos, 10 asistencias e 24 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet