Entradas Final Four: máis información e próximos pasos

Tras superar os cuartos de final do playoff de ascenso á liga Endesa, o Coliseum da Coruña acollerá a Final Four 2026 de Primeira FEB os días 6 e 7 de xuño, segundo o acordado pola Comisión Executiva da Federación Española de Baloncesto.

Nas últimas horas, a vosa resposta foi incrible: esgotáronse as 2.000 entradas que a Federación puxo ao dispor do club para a nosa afección. Moitísimas grazas polo voso apoio constante!

Como organizadora do evento, a FEB é a responsable da xestión de capacidades e a venda de entradas, que se realiza a través do portal de ticketing da entidade federativa. Por iso:

• O Club Básquet Coruña non ten control sobre o timing da posta á venda nin sobre a dispoñibilidade.

• O club non elixe a zona do pavillón asignada á nosa afección nin a localización exacta das localidades.

• Calquera ampliación de cota ou novas liberacións depende exclusivamente da FEB.

• O Club Básquet Coruña non establece o límite de compra por usuario, fixado pola FEB en ata 6 packs por usuario.

Somos conscientes de que a venda se activou con moi pouco tempo de antelación. Pedimos perdón por non poder avisar antes e polos inconvenientes que esta situación puidese ocasionar. Ata contar coa confirmación oficial e o procedemento definido pola FEB, non era posible comunicalo con maior antelación.

Do mesmo xeito, detectamos unha incidencia do noso provedor informático que ocasionou que algúns abonados non recibisen a información. Se non te están chegando as comunicacións (incluído a ligazón de compra se es abonado/a), escríbenos a abonados@basquetcoruna.com indicando nome, DNI e email de abonado.

NOVAS DATAS CONFIRMADAS (FEB)

• Venres 29 ás 14.00: a FEB habilitará máis asentos para abonados do Leyma Coruña.

• Mércores 3 ás 12.00: ábrese a venda xeral, coa capacidade que quede dispoñible ata ese momento.

Recomendación importante: se aínda non o fixeches, crea xa o teu usuario na plataforma de ticketing da FEB e comproba o acceso, para estar listo/a cando se active a venda de novas entradas.

****************************

Recordatorio do proceso de compra (FEB)

VENDA A ABONADOS DO LEYMA CORUÑA

Desde o inicio do proceso, cada abonado do Leyma Coruña ten dispoñible no seu correo electrónico a ligazón para acceder á compra de entradas na zona asignada para a nosa afección por parte da organización.

A FEB estableceu packs de entradas para acceder aos tres partidos (as dúas semifinais do sábado 6 e a final do domingo 7). Podes consultar os prezos e categorías AQUÍ.

OBSERVACIÓNS (FEB)

• O prezo de cada pack increméntase en 3,5 € por gastos de xestión.

• As entradas chegarán ao correo electrónico establecido polo comprador ao crear o seu usuario na plataforma de ticketing.

• O máximo de packs que se poden comprar por usuario son SEIS (6).

• Para compras superiores a VINTE (20) packs é necesario solicitalos mediante correo a atencionalcliente@feb.es, desde onde se xestionará devandita compra.

• Prevese incrementar os actuais asentos dispoñibles para a Familia Laranxa no caso de que os outros tres clubs participantes na Final Four liberen asentos da zona asignada á súa afección. A FEB poñerá á venda estes novos asentos aos abonados do Leyma Coruña, que deberán acceder á mesma ligazón recibida por correo electrónico.

Canal de contacto en caso de dúbidas (FEB): atencionalcliente@feb.es