En marcha o III Torneo 3×3 El Corte Inglés – Basquet Coruña

O Club Básquet Coruña SAD, en estreita colaboración con “El Corte Inglés”, comprácese en anunciar a terceira edición deste torneo, en modalidade 3×3, o cal se levará a cabo o vindeiro sábado 13 de xuño, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30, na Praza da Cubela (inmediacións do Corte Inglés da rúa Ramón e Cajal).

Este “III Torneo 3×3 Corte Inglés-Básquet Coruña” estará destinado a catro categorías diferentes:

  • Mini Feminino: Xogadoras nadas nos anos 2014 e 2015
  • Mini Masculino: Xogadores nados nos anos 2014 e 2015
  • Infantil Feminino: Xogadoras nadas nos anos 2012 e 2013
  • Infantil Masculino: Xogadores nados nos anos 2012 e 2013

Todos os equipos deberán estar compostos por un máximo de 4 xogadores/as e un mínimo de 3 xogadores/as, todos eles das idades da categoría na cal competirá o equipo.

A cota de inscrición para a participación no torneo será de carácter gratuíto.

As prazas para a participación no torneo serán limitadas e serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición ata que se encha cada unha das categorías.

Os premios para os campións e subcampións do torneo serán os seguintes:

  • 1º Clasificado: Cartón regalo por valor de 120€ (4 cartóns de 30€)
  • 2º Clasificado: Cartón regalo por valor de 80€ (4 cartóns de 20€)

Ven a desfrutar connosco do baloncesto, desfruta co Corte Inglés e con Básquet Coruña!

Inscricións: