Caio Pacheco – Xogador Estrella Galicia de la temporada

Caio Pacheco álzase co galardón “Xogador Estrella Galicia” da tempada, tras obter o recoñecemento nos meses de Decembro e Abril, e estar nomeado en cinco ocasiones. O base brasileiro recibiu este premio esta mañá no Coliseum da Coruña da man de Antonio Roca, Delegado Comercial de Estrella Galicia en A Coruña.

No acto, Caio manifestou a súa satisfacción por recibir este premio “que valora o traballo que fago todos os días pero nós somos un equipo moi coral e calquera outro que estivese acá sería tamén gran merecedor, así que este premio é de todos”.

Preguntado polo especial significado do galardón tras a súa lesión do inicio de tempada, agradeceu o traballo do corpo médico do club, naquel momento e tamén para xogar no segundo partido de playoff tras o golpe sufrido no primeiro. “Espero que no terceiro poida estar aínda mellor e axudar ao equipo como sexa necesario”, indicou.

Destacou que o choque deste venres será o sexto partido que o Leyma Coruña xogue contra o Hestia Menorca na presente tempada. “Chega un momento en que os equipos xa saben como xogar, eles teñen un plan de partido moi armado, que é moi diferente ao noso, pero tamén é efectivo, claramente”. Engadiu que “debemos ir moi preparados para a guerra, o terceiro partido é moi importante para nós, pero para eles é a vida ou morte, sabemos que eles non van deixar nada na cancha e nós temos que saír con esa mesma enerxía, sabendo o difícil que é gañar fóra de casa e máis nun playoff”.