A Fundación Nortempo, centrada na empregabilidade e inclusión sociolaboral con especial énfase nas persoas máis vulnerables, será la causa social do partido que o Leyma Coruña disputa no Coliseum este domingo 8 de novembro fronte ao MoraBanc Andorra (Xornada 7 da liga Endesa).
Así, a iniciativa “17 partidos, 17 causas” que ao longo da tempada impulsan o Club Básquet Coruña e Grupo Osmos, pon o foco nesta entidade vinculada ao Grupo Nortempo que desenvolve proxectos e programas en las seguintes áreas:
Formación, desenvolvendo programas adaptados ás necesidades das empresas e capacitando ás persoas para os postos máis demandados polo mercado laboral. Estamos homologados para impartir certificados de profesionalidade en áreas como administración e xestión, informática e comunicacións ou comercio e mercadotecnia.
Selección e contratación, colaborando coas empresas na selección e contratación de persoal, promovendo a igualdade de oportunidades e a diversidade no ámbito laboral.
Inclusión social, traballando en proxectos que fomentan a inclusión social e a igualdade de xénero, favorecendo a diversidade e la non discriminación.
Sensibilización no mercado de traballo, axudando ás empresas para ser máis diversas e inclusivas, deseñando accións, programas e proxectos orie