A campaña de doazón de sangue “Mete o triplo da túa vida” protagoniza “16 partidos, 16 causas” do Grupo Osmos

O Club Básquet Coruña e Grupo Osmos, a través do programa “16 partidos, 16 causas”, rende homenaxe este domingo 7 de decembro ás 12.30 horas á Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

Decembro é o mes da solidariedade. Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 quilos, a solidariedade está dentro de ti. Do 9 ao 30 de decembro, doa sangue nunha unidade móbil ou ao CHUAC e doar sangue. En 15 minutos podes salvar tres vidas.

Todas as persoas que doen sangue neste período entrasen nun sorteo de entradas para gozar dun partido oficial do Leyma Coruña.

Infórmache dos desprazamentos das unidades móbiles no teléfono gratuíto 900 100 828. Toda a información da doazón de sangue está dispoñible na web ados.sergas.gal e nas redes sociais de ADOS.

Os hospitais non pechan por vacacións en Nadal

O sangue non se pode fabricar e só é posible obtela coa doazón de persoas solidarias que axudan a miles de pacientes a recuperar a saúde.

Grazas á colaboración das persoas que doan sangue, pódense axudar a preto de 31.000 enfermos nos hospitais galegos cada ano.

Cada día necesítanse en Galicia máis de 400 doazóns de sangue para axudar a enfermos que se teñen que operar, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, para realizar transplantes de órganos, para enfermos de cancro ou leucemia, … Os hospitais galegos atenden cada día unha media de 800 intervencións cirúrxicas, 2.800 urxencias e 1 transplante de órganos.

Unha doazón de sangue pode beneficiar ata a tres persoas enfermas, xa que os compoñentes sanguíneos (glóbulos vermellos, plaquetas e plasma) adoitan utilizarse por separado para tratar diferentes enfermidades.

Unha intervención cirúrxica pode precisar entre 2 e 6 bolsas de glóbulos vermellos e nalgúns accidentes de tráfico e nos transplantes de fígado chéganse a utilizar os glóbulos vermellos que doan 10 ou 20 persoas. Nunha leucemia ou nun transplante de medula ósea podemos pódese chegar a necesitar as plaquetas obtidas en 500 doazóns de sangue.

Lembra, este mes de decembro, doa sangue e mete o triplo da túa vida.