Dende o Club Básquet Coruña, no marco de promoción do baloncesto base, comprácenos anunciar a organización das “XORNADAS DE PORTAS ABERTAS” destinadas a todos aqueles xogadores/as, nacidos entre os anos 2009 e 2018 (ambos incluídos), que desexen disputar a tempada 2026-2027 nos diferentes equipos da canteira laranxa.
Estas xornadas desenvolveranse os días 16-17-18 de xuño do 2026 (cada categoría adestrará dous destes tres días).
A actividade destínase tanto para categorías femininas como masculinas:
- Categoría JÚNIOR (anos 2009-2010)
- Categoría CADETE (anos 2011-2012)
- Categoría INFANTIL (anos 2013-2014)
- Categoría MINIS (anos 2015-2016)
- Categoría PREMINI (anos 2017-2018)
Para poder desfrutar destas xornadas totalmente gratuítas, as familias deberán clickar aquí e encher o formulario.
Data límite de inscrición: martes 16 de xuño ás 12h00.
Unha vez cuberto o formulario, o Club Básquet Coruña poñerase en contacto con cada familia para facilitar os horarios e instalacións de adestramento.
OBSERVACIÓNS:
- O Club Básquet Coruña NON proporcionará seguro deportivo para os participantes.
- O feito de participar na Xornada de Puertas Abertas non asegura que o xogador/a dispoña de praza nas categorías base do Club Básquet Coruña para a tempada 26/27.
- Nos días seguintes a estas Xornadas, o Club poñerase en contacto con aqueles/as xogadores/as que fosen seleccionados para participar nas nosas categorías base.