Abonados/as,
Como sabedes, a FEB, como organizadora, define a cantidade de asentos para cada club, o momento de saída á venda das entradas, o formato (packs), o límite por compra e a plataforma de ticketing. Iso non depende do Club.
Dito isto, si é responsabilidade do Club que a información vos chegue ben e por máis dunha canle. Nesta ocasión non conseguimos que todos os abonados recibísedes a ligazón a tempo. Sentímolo.
Actualización (a data de hoxe):
- Detectamos 568 correos con rexeitamento/bloqueo por provedores de email: xa están reactivados e a maioría volven estar operativos.
- Quedan 52 casos en revisión individual, que estamos analizando un por un.
- Ademais, algúns rexistros constan como baixa de comunicacións. Se queres volver recibilas, podes reactivar o envío dende o teu perfil na plataforma de ticketing do club. Para isto, debes entrar co teu usuario e clave, seleccionar “Mis Datos” e ao final, seleccionar a casiña* “Aceptar recibir comunicaciones, informaciones y/o comerciales procedentes del club”.
*Advertencia: Se baixo esta casiña aparéceche o aviso “o teu correo (xxx@xxx.xxx) solicitou no seu momento a baixa dos envíos de notificacións, polo que para reactivar as mensaxes debes poñerche en contacto co club”, debes enviarnos a abonados@basquetcoruna.com unha mensaxe desde esa mesma conta de correo para a que solicitaches a baixa, indicando que desexas que o club volva enviarche correos á devandita conta.
Ademais, dende hoxe:
- Publicaremos na nosa web e RRSS as datas, pasos e información clave de cada fase do proceso, coa máxima antelación posible.
- Se non te chegou o correo, verifica/actualiza os teus datos escribindo a abonados@basquetcoruna.com, indicando nome, DNI e email.
- Ao longo de mañá mércores enviaremos un correo de proba a todos os abonados/as para comprobar que recibides ben as comunicacións e poder solucionalo no caso de non recibilo.
- Outras dudas/incidencias: 981 264 022 (9:30 a 14:00 – 16:00 a 19:00).
Próximas datas confirmadas pola FEB:
- Venres 29 ás 14:00 nova habilitación para abonados.
- Mércores 3 ás 12:00 venda xeral.
Gracias pola vosa paciencia e por esixirnos o nivel que merece a Familia Laranxa.