O derbi en Fontes do Sar rompe a serie de vitorias dos laranxas

  1. O intenso partido disputado hoxe fronte ao Monbus Obradoiro acabou con vitoria dos locais, nun choque no que os de Carles Marco non lograron manter o seu habitual dominio no rebote, unha das claves da vitoria picheleira (103-99). A pesar de ir por detrás no marcador na maior parte do encontro, o Leyma Coruña foi fiel ao seu xogo rápido e valente, poñendo en apertos aos santiagueses e ofrecendo ambas as escuadras un derbi de altura ante un Fontes do Sar a rebordar. O MVP do equipo foi Dídac Cuevas, con 13 puntos, 7 asistencias e 18 de valoración.

#ACoruñaquereBasquet

👉 Audio da Rolda de Prensa post partido de Carles Marco ​