Na tarde de onte, xoves 8 de maio de 2025, o recinto municipal do Coliseum acolleu por primeira vez a tradicional foto de Familia Laranxa do Club Básquet Coruña. Nela participaron máis de 800 persoas entre canteira, escolas externas, adestradores, primeiro equipo, presidente e conselleiros da entidade laranxa.
O acto contou tamén coa presenza da nosa alcaldesa Inés Rey e do concelleiro de deportes Manuel Vázquez.
Unha foto cun alto valor simbólico para unha familia que quere seguir crecendo ao redor da paixón polo baloncesto, co apoio da cidade, patrocinadores e institucións. Grazas!