Un heroico Leyma Coruña leva a sétima no fortín de Magariños

A escuadra de Carles Marco logra unha valiosa vitoria ante o Movistar Estudiantes nun choque no que comezou con bos minutos pero no que foi por detrás ata o último cuarto. A mellora paulatina da defensa e do acerto permitiu ao Leyma Coruña unha heroica remontada para finalizar cun 87-92 e manter o liderado na clasificación. O MVP do partido foi Jacobo Díaz con 11 puntos, 8 rebotes e 18 de valoración.