O Leyma Coruña tivo que empregarse a fondo para levar o oitavo triunfo da tempada, nun partido igualado e de alto ritmo, no que ningún equipo baixou os brazos. Despois dun mal inicio da segunda parte, os de Carles Marco tiraron de talento e do apoio da súa afección para manter as súas lixeiras vantaxes e finalmente pechar o encontro cun 101-89 no marcador. O MVP do partido foi Dídac Cuevas con 12 puntos, 6 rebotes, 4 asistencias e 18 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet