Despois do parón de máis de dúas semanas, a escuadra laranxa ofreceu á súa afección un intenso e igualado duelo no que os de Carles Marco melloraron á volta do vestiario, facendo gala do seu xogo rápido dende a defensa, e freando a un Palencia Baloncesto que en ningún momento foise do partido (82-75). O Coliseum viviu a súa mellor entrada no que vai de tempada (5.402 asistentes), cunha bancada que axudou ao Leyma Coruña a facer un 9 de 9. O MVP do encontro foi Joe Cremo, con 20 puntos, 3 rebotes, 3 asistencias e 25 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet