Tras unha primeira parte igualada, os de Carles Marco puxeron unha marcha máis logo de pasar por vestiarios, cun terceiro cuarto de máxima enerxía, rebote e defensa. Os vinculados Carlos Varela e Manu Oillataguerre sumaron forzas na pista para celebrar un catro de catro ante a Familia Laranxa, nun encontro saldado cun 91-75 no luminoso. O MVP do partido foi Paul Jorgensen, con 22 puntos, 5 rebotes, 5 asistencias e 30 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet