O Básquet Coruña homenaxea á ONG Aire

A ONG AIRE é unha organización independente e sen ánimo de lucro formada por un equipo multidisciplinar de profesionais que ofrecen axuda humanitaria en situacións límite e desenvolven proxectos de cooperación ao desenvolvemento de maneira altruísta. O seu obxectivo é a diminución do sufrimento das persoas que se atopan en situación de plena vulnerabilidade, vítimas de catástrofes de orixe natural ou humano, prestando especial atención a mulleres e menores.

Outra das súas áreas de traballo fundamental é a sensibilización e mobilización cidadá, a través de actividades, materiais educativos, redes sociais etc. promoven actitudes e valores para potenciar unha cidadanía global, xeradora dunha cultura da solidariedade, comprometida cos Dereitos Humanos e implicada na loita contra a pobreza, a exclusión e as inxustizas.