Horizon Experience, protagonista da iniciativa “16 partidos, 16 causas” de Grupo Osmos

O Club Básquet Coruña e Grupo Osmos, a través do programa “16 partidos, 16 causas” visibilizan o traballo de Horizon Experience, unha ONG de Cooperación ao Desenvolvemento coruñesa, con presenza en Uganda, Nepal e Guatemala. Os seus programas están centrados no ámbito educativo para nenos e nenas de comunidades rurais sen acceso á educación.

Así, o labor de Horizon Experience protagoniza a causa social do partido deste venres 20 de marzo, no que o Leyma Coruña mídese ao Grupo Ureta Tizona ás 20.30 no Coliseum (encontro correspondente á Xornada 26 de Primeira FEB).

Actualmente Horizon Experience centra todos os seus esforzos en Uganda, onde a través da colaboración dos seus socios, eventos solidarios e o traballo desenvolvido coa Deputación da Coruña, construíron unha escola e varios tanques de auga. O obxectivo é favorecer o crecemento da comunidade a través dos programas de escolaridade, a construción de pozos de auga potable, a instalación de paneis eléctricos e impulsar a sanidade mediante programas de saúde para toda a poboación.