FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) é unha entidade sen ánimo de lucro e de interese social que naceu en 1995. A súa misión é liderar e representar o movemento asociativo dos galegos e galegas con problemas de saúde mental e ás súas familias, defender os dereitos deste colectivo e mellorar a súa calidade de vida para conseguir unha plena integración na comunidade.
Co obxectivo de ofrecer unha atención integral ás persoas con problemas de saúde mental e aos seus familiares, FEAFES Galicia conta cos seguintes servizos, de carácter gratuíto: información e asesoramento personalizados, emprego e formación, lecer e deportes, comunicación e sensibilización e apoio ás asociacións.