O Club Basquet Coruña celebrará a primeira edición do seu Campus de Tecnificación Nadal os días 22, 23, 24 e 26 de decembro, dirixido a rapaces e rapazas nacidos entre 2010 e 2013, ambos incluídos. Esta nova oferta formativa terá lugar nas Polideportivas de Riazor 1 e Riazor 2 en horario de 09h a 14h.
No noso campus de tecnificación, os xogadores e xogadoras poderán gozar de sesións específicas de técnica-táctica individual onde desenvolvan, potencien e incrementen as súas habilidades coordinativas e a aplicación destas en situación reais de xogo, todo isto deseñado para grupos de adestramento de carácter reducido, buscando o maior impacto e atención posible.
Os mellores adestradores/as especializados nesta faceta do rendemento individual do xogo estarán á disposición dos participantes. Exporán todo o seu coñecemento buscando que os deportistas logren dar un paso cara adiante. Así mesmo, favoreceremos obter o máximo rendemento individual aplicando a tecnoloxía de vídeo, para que os participantes teñan un feedback directo e visual na súa aprendizaxe.
Pensando na formación integral de cada deportista, neste I Campus de Tecnificación Nadal tamén poderán gozar de adestramentos de preparación física deseñados, desenvoltos e personalizados para cada un dos rapaces e rapazas. Os nosos preparadores físicos contan cunha ampla experiencia tanto no baloncesto profesional como nas categorías formativas. Son profesionais de primeiro nivel que axudarán no desenvolvemento condicional dos participantes do noso campus.
Como parte das actividades que terán lugar, cabe destacar a excursión con visita ao adestramento do equipo Primeira FEB no Coliseum.
O prezo xeral será de 125€* e se pertences á #FamiliaLaranxa (abonados, fillos de abonados e xogadores do club) o importe será de 105€*.
* Se asisten 2 irmáns ao campus, o segundo terá un 10% de desconto. Para beneficiarse do desconto de irmán é necesario aplicar o cupón “hermano” no campo “tengo un cupón”.
O prezo inclúe 2 invitacións para o partido Leyma Coruña – Grupo Alega Cantabria do 4 de xaneiro.
Dende o Basquet Coruña convidámosvos a anotarvos ao noso I Campus de Tecnificación Nadal e gozar dunha experiencia formativa única neste Nadal. Esperámosvos!
INSCRÍBETE
TARIFA XERAL – Fai click AQUÍ
TARIFA LARANXA – Fai click AQUÍ
Política de devolucións:
No caso de cancelación dunha inscrición antes do 07/12/2025:
Procederase á devolución do 70% do importe pago.
No caso de cancelación dunha inscrición entre o 07/12/2025 e o 17/12/2025:
Procederase á devolución do 50% do importe pago.
No caso de baixas despois do 17/12/2025 e durante o desenvolvemento do campus:
Terase dereito a devolución unicamente no caso de baixa por causa de forza maior debidamente acreditada.
No caso de abandono voluntario ou por unha causa non tipificada como de forza maior, non haberá dereito a ningunha devolución.