Dídac Cuevas – Xogador Estrella Galicia de Outubro

Dídac Cuevas inaugura esta tempada o galardón “Xogador Estrela Galicia”, alzándose co MVP de Outubro, tras un mes de competición ligueira. O base do conxunto laranxa recolleu o premio esta mañá no Coliseum da Coruña.

O catalán obtén así este recoñecemento ao ser o máis votado polos afeccionados coruñeses a través das redes sociais do club. Dídac superou na votación a Paul Jorgensen e Abdou Thiam.

O xogador do conxunto herculino comentou “estamos no mes de novembro e os premios individuais non dan ningunha recompensa, aínda que é verdade que a nivel de confianza sempre vén ben e é bonito, pero o que importa é o colectivo”.

Por outra banda, engadiu que “se saen ben as cousas no individual é porque teño ao redor xente que me axuda no día a día e tamén isto é seu. Hoxe son eu, pero o bo deste equipo é que cada día sae un. Toca seguir traballando”.