O Club Básquet Coruña anuncia que decidiu apartar ao xogador Yoanki Mencía da disciplina do primeiro equipo.
Esta decisión foi tomada polo Consello de Administración do Club en reunión de urxencia celebrada esta tarde, á espera de recibir a sentenza derivada da vista oral celebrada hoxe en torno ao procedemento xudicial seguido contra o xogador.
Unha vez analizada toda a información que rodea ao caso, o Club tomará a decisión en torno ao futuro do xogador e daraa a coñecer publicamente.