Desde o Club Básquet Coruña anunciamos, como cada tempada, a posta en marcha do noso “Baby Basquet” dirixido a nenos e nenas das xeracións 2018 e 2019. “Baby Basquet” contará coa presenza de adestradores do propio Club e constará de dúas sesións de adestramento á semana -mércores e venres, de 18:00 a 19:00- no Polideportivo da Normal.
Esta actividade ten un carácter non competitivo, polo que as fins de semana non hai partidos. Aínda así, a FEGABA realizará periodicamente concentracións de carácter non competitivo, para que os nosos pequenos deportistas gocen na cancha.
Para realizar a pre-inscrición do neno/a, a familia deberá enviar un correo electrónico a categoriasbase@basquetcoruna.com indicando o nome completo e a data de nacemento. Unha vez recibido este correo, contestarase desde o propio Club indicando como poderán formalizar a inscrición.
O prezo da actividade é de 32€ mensuais, cunha cota de inscrición de 70€. Lamentablemente non podemos acoller a tod@s @s nen@s que se inscriban xa que as prazas son limitadas, polo que se dará acceso por rigorosa orde de chegada do mail. Así que date presa e inscríbete!.