Arrinca Biberóns 25-26!

Desde o Club Básquet Coruña anunciamos a quinta tempada da nosa categoría “biberóns” dirixida a nenos e nenas das xeracións 2020, 2021 e 2022.

Como en tempadas anteriores, «Biberóns» contará coa presenza de adestradores do propio Club Básquet Coruña e constará dunha sesión de adestramento á semana -martes de 18:00 a 19:00- no Polideportivo de Sacra Familia.

Esta actividade ten un carácter non competitivo, polo que as fins de semana non hai partidos.

Para realizar a pre-inscrición do neno/a, a familia deberá enviar un correo electrónico a categoriasbase@basquetcoruna.com indicando o nome completo e a data de nacemento. Unha vez recibido este correo, contestarase desde o propio Club indicando como formalizar a inscrición.

O prezo da actividade é de 21€ mensuais. Lamentablemente non podemos acoller a tod@s l@s niñ@s que se inscriban xa que as prazas son limitadas, polo que se dará acceso por rigorosa orde de chegada do mail. Así que dáche présa e inscríbete!.