Club Basquet Coruña, S.A.D.
Anuncio de Convocatoria de Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas
Por acordo unánime do Consello de Administración de Club Basquet Coruña, S.A.D. (a “Sociedade”) de data 15 de setembro de 2025, en cumprimento do disposto nos estatutos sociais da Sociedade e de conformidade coa vixente Lei de Sociedades de Capital, convócase aos accionistas da Sociedade a Xunta Xeral Extraordinaria que se celebrará o día 6 de novembro de 2025, ás 20:00 horas, na sede de NORDÉS CLUB EMPRESARIAL, da Coruña, rúa Enrique Mariñas, 32, en primeira convocatoria; e, de ser necesario, ás 20:00 horas do día 7 de novembro de 2025, en segunda convocatoria, neste caso na sede da Sociedade, #de acordo con o seguinte
Orde do día
Primeiro.- Informe do señor Presidente
Segundo.- Orzamento da tempada 2025-2026.
Terceiro.- Elección da entidade Ruiz, Carnota, Blanco e Salgado Auditores, S.L. como auditores da Sociedade para as contas anuais do exercicio finalizado o 30 de xuño de 2025.
Cuarto.- Comunicación da dimisión de dous membros do Consello de Administración.
Quinto.- Fixación do número de membros do Consello de Administración en 6 conselleiros.
Sexto.-Rogos e preguntas.
Sétimo.- Lectura e aprobación da Acta da Xunta ou, no seu caso, designación de dous socios como interventores para a aprobación da mesma xunto co Presidente da Xunta Xeral.
Dereito de información:
De conformidade co previsto nos artigos 272.2 e 287 da Lei de Sociedades de Capital, calquera accionista, a partir da presente convocatoria, poderá obter da Sociedade, de forma inmediata e gratuíta, os documentos que han de ser sometidos á aprobación da mesma ou terá á súa plena disposición todos estes documentos para a súa análise no domicilio social da Sociedade.
Dereito a complementar a orde do día:
De conformidade co artigo 172 da Lei de Sociedades de Capital os accionistas que representen polo menos o cinco por cento do capital social poderán solicitar que se publique un complemento á presente convocatoria. O exercicio destes dereitos deberá facerse mediante notificación fidedigna que haberá de recibirse no domicilio social dentro dos cinco días seguintes á publicación desta convocatoria.
Dereito de representación:
Todo accionista poderá outorgar a súa representación a outra persoa, aínda que non sexa accionista, para asistir á Xunta Xeral cumprindo os requisitos e formalidades esixidas polos estatutos sociais e a Lei. A representación deberá conferirse por escrito ou por medios de comunicación a distancia que cumpran cos requisitos establecidos na Lei de Sociedades de Capital para o exercicio do dereito de voto a distancia e con carácter especial para cada xunta. Entenderase que a presenza do accionista na Xunta Xeral revoga dita representación.
A Coruña, ao 3 de outubro de 2025.- O Secretario do Consello de Administración da Sociedade, D. Enrique Muñoz Lagarón.