Anuncio da Convocatoria da Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas

Club Basquet Coruña, S.A.D.

Anuncio da Convocatoria da Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas

Por acordo unánime do Consello de Administración de Club Basquet Coruña, S.A.D. (a “Sociedade”) de data 14 de novembro de 2025, en cumprimento do disposto nos estatutos sociais da Sociedade e de conformidade coa vixente Lei de Sociedades de Capital, convócase aos accionistas da Sociedade á Xunta Xeral Ordinaria que se celebrará o día 22 de decembro de 2025, ás 19:00 horas, na sede de NORDÉS CLUB EMPRESARIAL, sito da Coruña, rúa Enrique Mariñas, 32, en primeira convocatoria; e, de ser necesario, ás 19:00 horas do día 23 de decembro de 2025, en segunda convocatoria, neste caso na sede da Sociedade (presumiblemente a Xunta celebrarase en primeira convocatoria), de acordo coa seguinte

Orde do día

Primeiro.- Exame e, no seu caso, aprobación das Contas Anuais correspondentes ao exercicio económico terminado o 30 de xuño de 2025.

Segundo.- Exame e, no seu caso, aprobación da proposta de aplicación do resultado do expresado exercicio económico terminado o 30 de xuño de 2025.

Terceiro.- Exame e, no seu caso, aprobación da xestión do Órgano de Administración durante o último exercicio.

Cuarto.- Rogos e preguntas

Quinto.- Lectura e aprobación da Acta da Xunta ou, no seu caso, designación de dous socios como interventores para a aprobación da mesma xunto co Presidente da Xunta Xeral.

Dereito da información

De conformidade co previsto no artigo 272.2 da Lei de Sociedades de Capital, calquera accionista, a partir da presente convocatoria, poderá obter da Sociedade, de forma inmediata e gratuíta, os documentos que han de ser sometidos á aprobación da mesma, así como o informe do auditor de contas, ou terá á súa plena disposición todos estes documentos para a súa análise no domicilio social da Sociedade. Ata o sétimo día anterior ao previsto para a celebración da xunta, os accionistas poderán solicitar dos administradores as informacións ou aclaracións que estimen precisas acerca dos asuntos comprendidos na orde do día, ou formular por escrito as preguntas que consideren pertinentes.

Dereito a complementar a orde do día

De conformidade co artigo 172 da Lei de Sociedades de Capital os accionistas que representen polo menos o cinco por cento do capital social poderán solicitar que se publique un complemento á presente convocatoria. O exercicio destes dereitos deberá facerse mediante notificación fidedigna que haberá de recibirse no domicilio social dentro dos cinco días seguintes á publicación desta convocatoria.
Dereito de representación

Derecho da representación

Todo accionista poderá outorgar a súa representación a outra persoa, aínda que non sexa accionista, para asistir á Xunta Xeral cumprindo os requisitos e formalidades esixidas polos estatutos sociais e a Lei. A representación deberá conferirse por escrito ou por medios de comunicación a distancia que cumpran cos requisitos establecidos na Lei de Sociedades de Capital para o exercicio do dereito de voto a distancia e con carácter especial para cada xunta. Entenderase que a presenza do accionista na Xunta Xeral revoga dita representación.

A Coruña, a 20 de novembro de 2025.- O Secretario do Consello de Administración da Sociedade, D. Enrique Muñoz Lagarón.