O Leyma Coruña anuncia a incorporación de Alonzo Verge Jr. (Aurora, Illinois, EEUU, 17 de outubro de 1998; 191cm) para axudar ao equipo no tramo final de tempada. O xogador procede do Balikesir turco, que terminou a súa tempada fai escasas dúas semanas.
O novo xogador do Leyma Coruña deu os seus primeiros pasos na NCAA americana, onde militou na universidade de Arizona State por dúas tempadas, antes de xogar o seu último ano nos Cornhuskers de Nebraska. Iniciou o seu periplo profesional no MKS D?browa Górnicza polaco, antes de pasar polas ligas grega e kosovar, nesa orde.
Este curso na segunda división turca, Verge Jr. foi un dos xogadores máis determinantes da categoría, con medias de 28.6 puntos, 6 rebotes e 10.9 asistencias en case 36 minutos de xogo. Estes números fanlle o máximo anotador e asistente entre todos os xogadores da liga, ademais do xogador con mellor media de valoración por máis de sete puntos de diferenza co segundo.
Alonzo é un base alto cunha gran capacidade para xerar vantaxes no bloqueo directo, tanto para si mesmo como para os seus compañeiros. Trátase dun anotador versátil que é capaz de conseguir puntos no un contra un, aínda que os seus números tamén demostran a súa gran visión de xogo.
Bienvenido Alonzo, ao club e á Coruña! Fagamos Lenda!